Zeca Afonso
José Manuel Cerqueira Afonso dos Santos, máis coñecido por Zeca Afonso, nado en Aveiro o 2 de agosto de 1929 e finado en Setúbal o 23 de febreiro de 1987, foi un cantante e compositor de música protesta portugués. Escribiu, entre outras cousas, música de crítica á ditadura fascista que rexeu Portugal dende 1933 até 1974.Un dos máis coñecidos músicos de Portugal e que anos despois da súa morte permanece aínda cun alto número de vendas tanto no seu país como no estranxeiro. Compuxo a canción "Grândola, Vila Morena" que serviu de sinal para o inicio da Revolución dos Caraveis o 25 de abril de 1974. Provided by Wikipedia