Francisco Franco

Foi líder do partido único Falange Española Tradicionalista y de las JONS, no que se apoiou para establecer un réxime de inspiración fascista nos seus comezos, que máis tarde derivaría nunha ditadura, coñecida como franquismo, de tipo ultraconservador, católico e anticomunista. Este cambio debeuse á derrota do fascismo na segunda guerra mundial. Aglutinou en torno ao culto á súa persoa diferentes tendencias do conservadorismo, o nacionalismo e o catolicismo opostas á esquerda política e ao desenvolvemento de formas democráticas de goberno.
Durante o seu mandato á fronte do exército e da xefatura do Estado, especialmente durante a guerra civil e os primeiros anos do réxime, tiveron lugar múltiples violacións dos dereitos humanos, segundo sinalan numerosas investigacións históricas e denuncias de particulares. A cifra total de vítimas mortais durante o franquismo varía en torno a varios centenares de miles de persoas, que pereceron na súa maioría en campos de concentración, execucións extraxudiciais ou en prisión. Provided by Wikipedia