Nathaniel Hawthorne

Nathaniel Hawthorne, circa 1860-1864, retrato de [[Mathew Brady dereita|miniatura|Nathaniel Hawthorne, circa 1860-1864, retrato de Mathew Brady. Nathaniel Hawthorne (/nəˈθænjəl ˈhɔːθɔːrn/), nado como Nathaniel Hathorne en Salem (Massachusetts) o 4 de xullo de 1804 e finado en Plymouth (Nova Hampshire) 19 de maio de 1864) foi un novelista estadounidense coñecido polas súas numerosas historias de ficción gótica e romanticismo escuro.

Fillo de Nathaniel Hathorne e Elizabeth Clarke Manning, os seus antergos inclúen a John Hathorne, o único xuíz involucrado nos xuízos de bruxas de Salem que nunca se arrepentiu das súas accións. Nathaniel máis tarde engadiu un "W" para cambiar o seu apelido por "Hawthorne", coa fin de ocultar esta relación. Ingresou no Bowdoin College en 1821, onde foi elixido membro da Phi Beta Kappa en 1824, e graduouse en 1825. Hawthorne publicou a súa primeira obra, unha novela titulada ''Fanshawe'', en 1828. Máis tarde tratou de quitala do seu catálogo, sentindo que non era igual ao estándar do seu traballo posterior. Publicou varios contos curtos en xornais, que recompilou en 1837 como ''Twice-Told Tales''. O ano seguinte comprometeuse con Sophia Peabody. Traballou na aduana de Boston e uniuse a Brook Farm, unha comunidade trascendentalista, antes de casar con Peabody en 1842. A parella trasladouse a The Old Manse en Concord, Massachusetts, despois a Salem, Berkshires e por fin a The Wayside en Concord. Unha das súas obras máis notables, ''The Scarlett Letter'', foi publicada en 1850, seguida dunha sucesión doutras novelas. Un nomeamento político como cónsul levou a Hawthorne e a súa familia a Europa antes do seu regreso a Concord en 1860. Hawthorne faleceu o 19 de maio de 1864, deixando unha viúva e tres fillos. Provided by Wikipedia
Showing 1 - 11 results of 11 for search 'Hawthorne, Nathaniel. 1804-1864', tempo de consulta: 0.03s Limitar resultados
  1. 1
    Conxunto
  2. 2
    Conxunto
  3. 3
    por Hawthorne, Nathaniel. 1804-1864
    Publicado 1973
    Conxunto
  4. 4
    Libro
  5. 5
    por Hawthorne, Nathaniel. 1804-1864
    Publicado 1962
    Libro
  6. 6
    por Hawthorne, Nathaniel. 1804-1864
    Publicado 1974
    Conxunto
  7. 7
    Libro
  8. 8
    Outros autores:
    Libro
  9. 9
    por Irving, Washington. 1783-1859
    Publicado 1958
    Outros autores: “...Hawthorne, Nathaniel. 1804-1864...”
    Conxunto
  10. 10
    Outros autores:
    Conxunto
  11. 11
    por Poe, Edgar Allan. 1809-1849
    Publicado 1984
    Outros autores: “...Hawthorne, Nathaniel. 1804-1864...”
    Libro